Que o porto de Vigo, o Berbés, é un porto singular, distinto a calquera outro, é unha realidade. Destaca a enorme calidade humana que no Berbés se pode percibir, un universo conformado por preto de seis mil homes e mulleres. A aventura iniciase vendo como o pulso da vida no porto determínao o peixe que chega cada día. Así, “Pescadores de Historias” fala coa peixeira Blanca Misa. Ela compra cada día o peixe que logo vende de xeito ambulante polo concello de Tomiño. O factor humano foi e é determinante para que o Berbés ocupe un posto á cabeza de todos o portos do mundo. De que non falte xeo encárgase Doro Campo. Traballa na fábrica de xeo que abastece as lonxas, os barcos e as peixeiras. Clasificando o peixe traballan Mari Mariño, Uca Goce e Mari Fe García. E un dos traballos máis espectaculares é o que desenvolve Pancho Piñeiro, un dos escabicheiros que se dedican a despezar e eviscerar os grandes peixes, como espadas, atúns ou marraxos. Unha figura central é o poxador, tanto nas lon