“Pescadores de Historias” quere ser balea, non baleeiro, aínda que recoñece que a caza da balea permitiu construír a súa vida a moitas familias de portos galegos, é unha parte da historia mariña de Galicia, e a súa pesca ten unha gran épica mariñeira. O programa acode a un dos portos de maior tradición baleeira, o porto de Cangas. Existe documentación sobre a caza da balea en Galicia desde o século XIII, polo tanto, é sen dúbida unha actividade con tradición, que con períodos de distinta incidencia chegou ata o século XX. Cangas foi porto baleeiro documentado desde os anos 20 do pasado século, pero xa dunha forma industrial comeza en 1955 e mantense activa ata 1985, dando emprego a moitas familia de Cangas. As ruínas da factoría baleeira da empresa Massó amosan unha visión decadente, pero foi o centro dunha actividade en terra esplendorosa, todo o contrario do que transmite hoxe. Quen coñeceu ben esta época é Manolo Romero. Tamén os mariñeiros Chuco Alfada, Manuel García e Plácido Mont