As vacas de Muros son barcos de arrastre de litoral que traballan cunha rede de grandes dimensións da que tira o barco para atrapar o peixe. Neste porto teñen base dez vacas, nas que poden traballar en cada unha ata doce mariñeiros. Arredor destes barcos existe unha cultura propia, baseada no propio traballo a bordo e os oficios que xeran en terra. Un patrón experimentado é Manuel Caamaño, xa retirado, que estivo corenta anos traballando nas vacas de Muros, a maioría deses anos como patrón de pesca. Luís Martinez “Pitís” é o taberneiro de El muelle, a taberna máis antiga de Muros, que tivo épocas en que non pechaba as portas nin de día nin á noite: os tempos en que a actividade pesqueira de Muros era moito máis grande que agora. Rivadulla conversa amais con Javier Fernández, que ata as redes do arrastre. Leva máis de trinta anos exercendo este oficio e conta porque a forma de atar unha rede do arrastre inflúe moito en que o barco pesque máis ou menos. Tamén José Antonio Lestón “Tot