Nos portos cerqueiros de Galicia segue vivo o espírito dos vellos barcos da tarrafa, coa que os expertos patróns perseguían o cardume para cercalo. “Pescadores de Historias” quere facerlle unha homenaxe a este barco tradicional, que evolucionou na actualidade aos barcos de cerco.Rivadulla Corcón con fala con Manolo Caínzos, que, aínda que traballou outras artes coma o arrastre, séntese mariñeiro de cerco. Juan Barreiro e o seu fillo Sergio Barreiro son tamén mariñeiros apaixonados pola arte do cerco, pero separadas no tempo as súas épocas de traballo. Juan xa está retirado e Sergio leva só cinco anos no oficio. Ambos os dous explican as diferenzas nas formas de traballar de cada época.Con José Currás, patrón en activo, “Pescadores de Historias” sobe ao seu barco, unha tarrafa moderna, para ver a diferente maquinaria que se utiliza na arte do cerco. Tamén coñecemos unha vella tarrafa que hoxe ten unha nova vida, o M. Presas, un barco que ía destinado ao despezamento, pero que mercou o C