'Pescadores de historias' quere descubrir o segredo da simpatía e a ledicia das peixeiras e para iso irá a tres portos do golfo Ártabro: Lorbé, Sada e A Coruña, para coñecer o labor destas esforzadas traballadoras do mar, que coa súa actitude alégranlle o día a quen vai comprar peixe. No mercado coruñés da praza de Lugo, os espectadores coñecerán a Mery, que case naceu peixeira, xa que sendo moi nena ía coa súa nai vender, e que comparte posto coas súas fillas Ana, encargada do marisco, e Aurora, que vende o peixe. No porto de Sada, Montse Muñoz explicará que cando comezou non lle gustaba o cheiro do peixe, pero soubo vencer esa reticencia de tal xeito que comezou a apreciar a maxia deste oficio e agora di que lle encanta ser peixeira, o mesmo que lle pasa a Tania Rodríguez, que amosa ledicia ao falar do seu traballo. A pesar do seu bo humor, os espectadores verán que se trata dun traballo moi esforzado, que implica erguerse moi cedo para ir comprar o peixe e pasar moitas horas det