O polbo é sen dúbida un dos animais tótem para as xentes mariñas de Galicia. E o porto de Camariñas destaca polo volume de polbo que se captura ao ano, que pode estar arredor de 150 toneladas, pola súa calidade e tamén pola enorme arte das xentes da localidade na súa elaboración. O programa “Pescadores de Historias” descobre a importancia do polbo para este porto da man da patroa maior Lola Bermúdez, quen explica que se trata dun dos recursos máis importantes para a Confraría de Camariñas, conxuntamente co marisqueo e as capturas dos barcos do cerco. Ademais, o espazo da TVG sae capturar o polbo con Daniel Lista, un entusiasta do seu oficio, que fala do duro que é manterse a “flote” traballando no mar, e asiste a unha poxa na lonxa da man de Roberto Mas. Oo matrimonio formado por Jaki Lista e Tono Pasantes explica por que é tan bo o polbo de Camariñas, cuxa ría é idónea para a súa calidade, e coñecemos a Paco Gallego, que vende polbo conxelado para toda España. Lola Barreiro encárgase