Na diversidade do mar está unha das grandes riquezas do país e nos últimos tempos estase comezando a explotar novas especies que levan nas nosas augas milleiros de anos sen que apenas se lles prestase atención, pero resultan ser un recurso mariño moi interesante e pode que un gran descubrimento para a gastronomía mariñeira. Como verán hoxe os espectadores de “Pescadores de Historias”, unha desta novas especies é a anémona. Os mergulladores de Baiona están comezando a explotala, como é o caso de Sergio Fernández, que cre que será un importante complemento aos demais recursos en que traballa, como a navalla, o ourizo e o percebe. Como a iniciativa partiu da Confraría, o espazo da TVG visita a patroa maior, Susana González, que explica como consideran imprescindible ir abrindo novas vías de explotación do mar. Ademais, as cámaras de “Pescadores de Historias” navegan na embarcación da Confraría para chegar a onde traballa Ángel Faure e ven baixo as augas como se recolle a anémona. O prog