Pódese dicir que practicamente toda a costa galega é percebeira, pero hai zonas que destacan no mapa percebeiro de Galicia. Un destes lugares é o litoral que abarca a confraría de pescadores de Camelle. Aquí, como verán hoxe os espectadores de “Pescadores de Historias”, homes e mulleres extraen un percebe de primeira calidade e fano tendo como únicas armas de traballo e defensa contra o mar unha rasqueta e o seu propio corpo. Figura singular en Camelle é Manuel Tajes “O Rubio”, co que o programa comezará a visita. Mariñeiro e mergullador de toda a vida, agora xa retirado, tamén foi percebeiro e explicará como se collía coa técnica do espello e a gadaña. O que significa o percebe para esta confraría contarao a vicepatroa Digna Romar, a primeira muller que se dedicou a este crustáceo no porto de Camelle. Percebeiros intrépidos e sabios a pesar da súa xuventude son Cristian Martínez e Daniel Tedín, rapaces novos que se atreven máis ca ninguén nesta costa e que van ás pedras máis arrisca