“Pescadores de Historias” busca en Foz o segredo do carácter aberto, hospitalario e alegre dos homes e mulleres do mar, afeitos a un traballo esforzado como poucos e a vivir no medio dunha natureza moi viva e cambiante. O programa comeza con música moi mariñeira, a da peña Os Larpeiros, composta por mariñeiros xubilados da localidade lucense. Para descubrir as orixes desta peña, X.H. Rivadulla Corcón fala co patrón de referencia en Foz, Tom Rey, un dos de maior prestixio de toda a costa Cantábrica. Quen sabe do sentir musical das xentes do mar é Teodoro Moreda, que forma parte da peña e fala de Os Larpeiros e dun proxecto que ten de recuperación de cancións mariñeiras por todos os portos de Galicia, coa intención de acabar gravando un CD. Pola súa parte, Paco Fernández conta como o mar ten penurias, pero tamén moitas ledicias e relata as normas polas que se rexe a peña. Outro dos protagonistas é Pepe do Relámpago, sabio dun mar onde segue a pescar mentres soña. A súa vida foi desde