O espazo “Pescadores de Historias” contará esta tarde como pescan os mariñeiros de Fisterra a robaliza, un dos peixes máis valorados, tanto na gastronomía mariñeira coma entre os bos pescadores. O motivo é o seu sabor tan especial e que a súa pesca apaixona os mariñeiros que a practican, pero é unha pesca perigosa, porque xeralmente se realiza en rompentes, onde as embarcacións poden esnaquizarse contra as pedras.