“Pescadores de Historias” recala no porto de Celeiro, en Viveiro, un lugar moi singular polas moitas toneladas de peixe que se moven nas súas lonxas, e por iso ten unha estrutura organizativa diferente. As horas de maior actividade son nocturnas: chegan os barcos, descargan, organízase o peixe e fanse as poxas, e logo lévase o produto a moitos puntos de Europa. É un universo propio que hai que coñecer como o coñece José Manuel Míguez. Este é o seu hábitat, xa que traballa como “xefe de cancha” organizando todo o traballo nas diferente lonxas e na descarga dos barcos. X.H. Rivadulla Corcón conversa co patrón dun palangreiro, Francisco López, que explica cal é o seu traballo, que considera doado e que el realiza con moita satisfacción. No programa están Eduardo Álvarez, que durante moitos anos foi contramestre, e Arantxa Toriza, unha rapaza nova que acaba de finalizar os estudos para patrón de altura, que conta as dificultades que atopou para que confiaran nela e lle deran traballo no b