“Pescadores de Historias” viaxa ata o porto de Barallobre, na ría de Ferrol, a zona de Galicia onde máis ostra salvaxe se colle, xa que ao longo do ano se acadan as 50 toneladas, contando o marisqueo a pé e a flote. Empezou a explotarse de xeito planificado en 2005 e agora representa o terceiro recurso de maior volume que se captura nesta confraría, só superado pola ameixa babosa e a fina, polo que é sen dúbida un recurso moi representativo do ser deste porto.  Da importancia deste molusco fala Joam Luís Ferreiro, que é o biólogo da confraría e, polo tanto, quen se encarga da elaboración dos plans de explotación deste recurso, e Manuel Bañobre, un mariscador con moita experiencia, que explicará que a escaseza doutras especies fai que a ostra sexa o recurso que lles está “salvando” a vida aos mariscadores da zona. X.H. Rivadulla Corcón conversa con Virginia Souto, a presidenta das mariscadoras a pé e  con Paula Otero, que se encarga da depuradora e viveiros de mariscos e do punto de v