A ponte da Illa de Arousa non se construiu ata o ano 1985. O programa comeza falando con nenos e nenas de 5º curso do Colexio de Educación Infantil e Primaria Torre-Illa que no ano 2016 realizaron un documental sobre a ponte, o que lles amosou unha realidade habitual para os seus avós, pero descoñecida para eles.Unha das persoas que máis estudou sobre o tema é Genito Otero, empregado de banca hoxe retirado, que conta os cambios que trouxo a ponte para os costumes dos veciños e veciñas, como foi o ter que habituarse á presenza de coches na Illa de Arousa.Tamén supuxo cambios no mundo do mar. A Illa ten unha das confrarías con maior número de asociados de Galicia e tamén unha das maiores frotas bateeiras. O bateeiro Julián García explica como a ponte lles brindou a posibilidade de poder descargar os mexillóns na propia Illa, xa que antes tiñan que facelo noutros portos pola imposibilidade de entraren camións para o transporte.X.H. Rivadulla Corcón fala tamén coa primeira muller que cruzo