Arredor da ameixa hai toda unha industria que vai dende as mariscadoras ata os restaurantes, pasando por depuradoras, fábricas de conserva e o proceso de cultivo da cría, para sementar nos lugares de marisqueo. “Pescadores de Historias” visita hoxe o porto da Pobra do Caramiñal, onde traballan preto de cen mariscadoras. Do cultivo encárganse Lorant Cortijo, biólogo francés que agora traballa en Galicia e asesora tecnicamente os irmáns José Manuel, Antonio e Roberto Fernández, pioneiros no cultivo de cría de ameixa en batea para ser sementada en zonas marisqueiras e polígonos de parques deste molusco.