En 'O Sostén', a Nuri chégalle o ruxe ruxe de que Suso lle está poñendo os cornos coa camareira da churrasquería da ruta dos camioneiros. Lonxe de desmentir o rumor, Suso admite a infidelidade e confésalle que nin foi a primeira nin será a última vez que se deixe levar polos seus desexos. A ruptura da parella parece inminente. En 'Rivalidades', Evaristo ten unha gran idea: inventar un camiño Xacobeo que saia de Caldelas. Todo Caldelas emociónase coa idea.