En 'O morto', morre un inspector de sanidade na dos Mariachi. Lola non vai permitir que o morto quede alí e vai pasar de man en man en Caldelas. En 'A bandeira', a carreira política de Washington Lopes, o Alcalde de Caldelas, semella estar acabada despois de que o collesen asoando os mocos na bandeira da Unión Europea. Pero Washington é un político de raza, capaz de converter os contratempos en oportunidades.