Con guión e dirección de Carlos Ares, Xosé Castro e Andrés Mahía, retrata en clave de humor a rivalidade entre dúas familias que, aparentemente, non teñen nada en común: un notario recto e os seus veciños os Mariachi, descendentes de emigrantes mexicanos e cun estilo de vida un tanto desordenado. Ademais de Manquiña e Morris, os espectadores poderán gozar coas interpretacións de coñecidos actores do audiovisual galego e das comedias da Televisión de Galicia, como Patricia Vázquez, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Cristina Andrade, Marita Martínez e Lucía Veiga, entre outros.