Na "Acampada", o Notario e Nuri levan toda a vida subindo ao Alto de San Telmo nunha excursión que serve para estreitar lazos familiares e compromiso coa natureza. Todo precioso. Ata que o Notario sabe que este ano Nuri quere levar a Suso con eles. Unha desgraza, opina o Notario. Pero todo pode ir a peor. A moito peor. En "Licor ilegal", os Mariachi fan o mellor licor café de todo Caldelas e a contorna e fan un gran negocio coa venta. O notario está en contra desa ilegalidade e vai tomar medidas.