O cociñeiro comezou traballando no negocio familiar vinculado coa pesca, pero tras o seu paso pola Escola de Hostalería, descubriría a súa verdadeira paixón, a cociña, onde despuntou dende ben cedo cunha gastronomía que bebe directamente da ría de Arousa. Posuidor dunha estrela Michelin, Yayo é un profesional amante do bo gusto e do sentido común, que adoita cear ovos con patacas.