Manuel Manquiña desprázase ata Pontevedra a coñecer un dos militares cun dos historiais máis brillantes dos últimos tempos: Santiago Bolíbar. Nace en Pontevedra, cidade onde transcorre a súa infancia e adolescencia. A súa era unha vocación inoculada no ADN: fillo, neto, bisneto e tataraneto de mariños e conserveiros, aprendeu a navegar a vela no mar de Bueu, sendo aínda un neno.  Santiago Bolíbar ingresou na Escola Naval Militar de Marín no 70, alí empezaría unha imparable carreira que o levaría a protagonizar importantes fazañas para a navegación española. Unha ampla folla de servizos entre os que figura un excepcional: a comandancia da expedición do quinto centenario do descubrimento de América sobre tres carabelas, ou a volta ao mundo no Juan Sebastián Elcano. Con máis de 4.000 días de mar ás costas, Bolíbar foi nomeado Almirante da Flota Nacional en 2011, a máis importante distinción para un mariño militar. Un mandato que rematou en 2015, cun expediente que o sitúa ao carón dos m