Pilar Cernuda é natural de Santiago de Compostela, pero criada en Vigo, con sangue galega e andaluza. Especializada en información política, Pilar Cernuda pode presumir de entrevistar todos os presidentes da democracia e de acompañar durante case 40 anos os reis de España. Moi popular nos últimos tempos polos seus enfrontamentos coa nova esquerda, a súa biografía está irremediablemente unida á historia de España. Manuel Manquiña pasa un día en Santiago coa protagonista do programa. Pasean polas rúas, onde Pilar fai un repaso da súa dilatada experiencia, pero tamén aproveita para amosar a súa faciana máis íntima e persoal falando da súa familia, dos valores que aprendeu dos seus pais, da súas saudades ou das lembranzas de cando era cativa. Paixón, nervio e carácter contestatario son as características desta xornalista que ía para arquitecta e que acabou pegada ás teclas como xornalista.