“O Gato con Botas” viaxa ata Vigo para coñecer a Pablo Novoa Álvarez, un arqueólogo que ten ás súas costas moitos anos de investigación no noso país e tamén en Portugal, Estados Unidos, Perú, Bolivia, Venezuela ou Colombia. Na súa conversa con Manuel Manquiña fala da súa vida e infancia, de como unha noite de inverno que quedou pechado no museo de Lugo foi a súa inspiración para converterse en arqueólogo. Tamén como tivo que emigrar a Venezuela, onde un cliente da súa tenda de fotografía o levaría a ver uns espectaculares gravados indios. O seu amor pola arqueoloxía non pararía de medrar ata a actualidade. A día de hoxe Novoa é un dos arqueólogos de referencia do noso país. O 'Indiana Jones' galego, converteuse nun dos máis importantes descubridores de arte rupestre precolombina do século XX e participou en achados fundamentais para a arqueoloxía galega e do norte de Portugal, como as grandes figuras megalíticas da serra Peneda Geres.  No programa tamén descubrimos o interese que te