Aínda que criado na cidade olívica, Moncho naceu por accidente na beira das augas termais de Ourense, en Baños de Molgas. Setemesino e accidentado, Moncho amosou sempre querenza polas artes e deu o cante desde ben pequeno. A súas mañas co debuxo, a pintura ou a poesía non pasaron desapercibidas para Dondigna e Ramón, os orgullosos pais, que axiña descubrían que o seu fillo era superdotado. Contentou a familia estudando Arquitectura Técnica en Valencia, onde tamén debutaría como artista.