Ramiro Casabella naceu en Ferreira do Valadouro en 1946. Neto de violinista e cantor, Miro herda del a súa vocación musical. Marcha a Barcelona estudar arquitectura e alí descobre a Nova Cançó catalá.  Tras gravar un primeiro disco, fai unha xira por Europa cos mellores da canción protesta. Ao seu regreso a Galicia únese á Voces Ceibes e convértese en referente histórico da Nova Canción galega. “O Gato con Botas” permítenos deleitarnos coa voz neboenta e vibrante de Miro Casabella.