Miguelanxo Prado fará un percorrido pola súa traxectoria profesional e persoal, comezando pola súa infancia e pasando pola súa mocidade, para coñecer de primeira man como descubriu o mundo do cómic cando tiña 20 anos. Ademais, contará o que o levou a deixar os seus estudos de arquitectura definitivamente para dedicarse profesionalmente á historieta. Falará tamén con Manquiña sobre a súa obra nos Estados Unidos, onde traballou para a serie de animación “Men in Black”, así como da creación da mascota do Xabarín Club para a Televisión de Galicia. Ademais, conversarán sobre por que o mar e os animais mariños son temas tan recorrentes en toda a súa obra.