Manel Loureiro é pontevedrés, presentador de televisión e, finalmente, autor de best sellers.  Afastándose da aburrida literatura xurídica, quixo darlle unha volta á súa vida e facer outro tipo de literatura: escribir sobre zombis, algo, sen dúbida, moito máis entretido que as leis.  Manuel Manquiña entra no despacho onde Loureiro dá renda solta ao seu universo; pasea con el polas súas rúas preferidas de Pontevedra; e visita o bar privado que ten cos seus amigos e a casa onde se criou, lugar fundamental da súa etapa de escritor, onde rematou as novelas máis importantes e onde se iniciou desde moi pequeno na literatura fantástica e de aventuras.