Luís Moya, un dos copilotos máis laureados da historia do Campionato Mundial de Rally. Neno fedello, traste e afeccionado aos rallys do sábado noite, Luís Moya converteuse no copiloto máis famoso de España grazas a unha frase: “Trata de arrancarlo, Carlos, por Dios, trata de arrancarlo”. O corredor contaranos como viviu esta anécdota con Carlos Sainz que lles impediu no último momento proclamarse campións mundiais por terceira vez na súa carreira deportiva. Os espectadores poderán gozar dun día con este coruñés residente en Barcelona, que sempre atopa un oco na súa axenda para volver á cidade que o viu nacer e pasar a infancia coa súa familia.