O equipo de “O Gato con Botas” trasládase esta semana ata A Coruña para pasar o día co primeiro convidado do mundo da xudicatura co que conta o programa: Xosé Antonio Vázquez Taín. Natural da Merca, en Ourense, nace nunha familia de seis irmáns dos que ningún, agás el, se dedica ao Dereito.Neste programa, repasará toda a súa traxectoria profesional como xuíz, que comeza en Vilagarcía de Arousa nunha época moi controvertida, acumulando ás súas costas horas e horas de traballo na loita contra o narcotráfico. Unha vez rematada esa etapa, a súa notoriedade segue en alza con casos como o roubo do Códice Calixtino. Manuel Manquiña intentará averiguar como viviu este e outros moitos casos coñecidos. Pero non toda a vida de Vázquez Taín transcorre nun xulgado, o convidado de “O Gato con Botas” ten catro libros publicados e é un grande afeccionado á boa cociña, algo que demostrará no programa preparando unha receita típica do outono galego. Trouleiro e campechano, pero tamén xusto, traballador