“O gato con botas” diríxese a Lalín a coñecer de primeira man un dos centros de moda “made in Galicia”, a fábrica de Florentino Cacheda. Fillo e neto de xastre, Florentino soubo desde ben neno que o seu futuro ía estar no mundo da moda. O que nun principio empezou sendo afección e xogos no taller familiar, pronto se convertería na súa profesión, recibindo formación en Madrid e Barcelona. Manuel Manquiña, presentador do programa, visit a fábrica do protagonista de hoxe, en que se traballa arreo para fabricar as prendas que se exportan a 25 países. Unha produción 100% lalinense que proporciona 300 empregos directos e referente indiscutible con máis de 50 anos de traxectoria profesional, prepara a remuda que virá da man do seu fillo que traballa xa na fábrica. Neste programa tamén temos a oportunidade de coñecer como é o armario do modisto, as súas afeccións e algunhas anécdotas da súa vida.