Durante dúas décadas, competiu no Real Madrid e na selección española, coa que chegou a acadar a prata olímpica. Ademais, a súa grandeza vai máis alá dos 2,20 metros e esténdese ao seu carácter afable e ao seu senso do humor, que foron as armas coas que loitou nunha sociedade a miúdo incapaz de ver máis aló dos límites establecidos.O programa viaxará ata A Coruña, cidade natal do protagonista e onde pasou a súa infancia, un lugar ao que Romay volve sempre que pode, pois a morriña pesa na vida do deportista a pesar dos anos que leva fóra.