Apaixonado xa de neno pola arte e a literatura, conta cunha obra marcada pola mestura de vernices, cores e diferentes texturas. A súa dilatada traxectoria levouno a viaxar a Madrid, Nova York, París ou Berlín, aglutinando unha ampla repercusión internacional. Tanto é así que as súas pezas foron expostas en diferentes cidades dos cinco continentes. A pesar das súas estancias no estranxeiro, Lamazares considérase un galego por enriba de todo, paisano dun país ao que retorna sempre e que plasma na súa obra mellor cando está fóra.