Mar, amor, praias, bicos, apertas, romances, traizóns... As cancións de Andrés Suárez, o protagonista de “O Gato con Botas”, falan disto e de máis cousas. De neno surfeaba nas praias de Pantín e xa no instituto comezaba a crear as súas primeiras composicións para a rapaza máis guapa da clase.De alí ata chegar aos bares de Compostela e logo aos de Madrid. Moitas barras, moitos amores e moitas cancións despois, Andrés Suárez é un dos cantautores con máis proxección. Manuel Manquiña pasea con el por esas praias e lugares tan especiais deste novo cantautor ferrolán.