'O caderno de Isabel' ten hoxe como destino a Ribeira Sacra ourensá, concretamente, os concellos Parada de Sil e Nogueira de Ramuín. A Ribeira Sacra é montañosa, especialmente na parte ourensá, polo que o gando é o motor económico da comarca de Caldelas. Teñen raza autóctona propia, a caldelá, polo que Isabel non perderá a ocasión de probar o seu sabor. Ademais, cociñará un xarrete con castañas, trocará o viño tinto por un chorro de licor café e visitará o lugar preferido polos galegos para xuntarse, a feira.  Esta é terra de emigrantes, polo que o programa da TVG lembrará o pasado de barquilleiros e afiadores e visitará os fotografados Balcóns de Madrid, onde se despedía os emigrantes. Para isto, Isabel percorrerá varios quilómetros no seu pintoresco coche e recibirá unha visita moi especial: a da súa filla María. Finalmente, todos os veciños serán convidados a degustar os pratos elaborados durante o programa. Momentos como remar en kayak polo río Sil, relaxarse no mosteiro de San