Isabel visita a península do Morrazo, concretamente os concellos de Cangas e Bueu. Rodeados das ricas rías de Vigo e Pontevedra, o peixe e o marisco non pode faltar nos menús dos morracenses. Isabel cociñará rinchas, que igual que nomes, teñen diferentes xeitos de prepararse, verá a importante produción de mexillón e o saboroso peixe á prancha.  Para isto, Isabel percorrerá varios quilómetros no seu pintoresco coche, ao que irá subindo a diferentes veciños desta vila olímpica. Finalmente, todos eles serán convidados a degustar os pratos elaborados durante o programa nunha xuntanza final cunha escena bucólica.  Momentos coma a viaxe pola ría de Pontevedra subida ao recuperado bote polbeiro ou o paseo polas viñas de variedade Tinta Femia de Cela fan deste programa un formato televisivo gastronómico diferente.