Terra de Montes é o destino de Isabel, polo que as receitas están moi pegadas á boa carne da que goza a Pontevedra interior. Como cabeceira da comarca, Forcarei ofrece a súa richada, carne que richaban os arrieiros cando ían transportando o viño desde o Ribeiro ata Santiago de Compostela. Ao pasar por Terra de Montes e quedar atrapados pola neve, facían parada e cociñaban a carne para alimentarse. Pero Isabel non pasa por alto unha das vilas con máis entidade propia, Soutelo de Montes. As súa xente vai cociñar callos acompañados dos cogomelos de Soutelo. A través da receita, vemos como esta vila está moi unida para recuperar tradicións e evitar sufrir o temido despoboamento doutras paraxes rurais do interior de Galicia. Tamén hai sobremesa. Para isto o programa visita outro dos concellos da Terra de Montes, Cerdedo, onde aproveitan na matanza do porco a súa vexiga para conter un dos doces máis saborosos e descoñecidos: a vincha.  A cociñeira Isabel sufre algún contratempo pola ser