Isabel visita o concello de Muros, polo que as receitas van estar moi pegadas aos froitos de mar. Da súa ría van saír os chocos que cociña cun emigrante retornado dos EUA ao xeito muradán, pero os espectadores tamén poden ver de preto un marisco que se deixou de comercializar, pero que hai décadas quitou da fame moitos veciños de Muros: as orolas. A cociñeira do programa mira como se poden cociñar ao natural, pero tamén enceboladas e rebozadas. Se hai unha sobremesa que caracteriza a Muros é a que se introduciu por parte dun europeo que chegou ao porto desta vila mariñeira en barco e lle mostrou a unha veciña, Petra, un doce con moita historia: a tortilla romana, que esta noite prepara con moito agarimo a bisneta que herdou a receita.  Para amosar todas estas receitas de cociña tradicional, Isabel percorre varios quilómetros no seu pintoresco coche e mesmo chega a pasar a noite no concello próximo de Outes, nunha cabana suspendida dunha árbore. Ao día seguinte, moitos muradáns son