A historia de Os Tonechos ten como protagonistas a Estrella Rodríguez, muller do patrón Antonio Alfeiran e nai do mariñeiro do mesmo nome; Sonia Varela, dona de Modesto Varela, outro dos tripulantes, e Manuel Carril, cuñado do maquinista e tamén mariñeiro en Malpica. O 5 de outubro de 1991, o buque atopábase faenando na praia de Baldaio, cando tocou fondo abríndose unha vía de auga que provocou o naufraxio. Nove homes perderon a vida e só se recuperou o corpo do maquinista, Modesto Varela. Evaristo Díaz sobreviviu con 15 anos ao naufraxio do Nuevo Viví, que aínda leva con pesar na memoria. Será unha das testemuñas de “Náufragos” sobre este suceso, xunto con Eduardo Cordeiro, mariñeiro retirado que lembrará como se viviu a traxedia en Cangas, e Antonio Monroy, que participou nos traballos de reflotamento do barco. O Nuevo Viví, construído catro meses antes do afundimento, saíu ao mar o 13 de febreiro de 1962 para pescar, dedicándose á arte da ardora. Largou a rede fronte á punta de Subr