Close

Náufragos

O naufraxio é a realidade máis terrible que se pode dar no mundo do mar. Aqueles que saen ao mar día a día para gañarse a vida, a deles e a da súa familia, viven sempre no límite da vida. "Náufragos" aborda esta realidade e mostra un aspecto sobre o mundo do mar do que pouco se fala, pero que é unha pedra angular na realidade dos portos galegos, e dá a coñecer as verdades máis íntimas das xentes do mar. Non se trata dun programa sobre historias de naufraxios, senón sobre os sentimentos que esperta a realidade dos naufraxios nos homes e mulleres que, dalgunha ou outra maneira, os padeceron. O programa aborda a vida despois da traxedia: como seguen adiante as familias dos náufragos que non regresaron do mar, o mariñeiro que sobreviviu e toda a colectividade relacionada cos portos afectados. E, por suposto, indaga na memoria que queda do sinistro.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/naufragos-3

Episodios disponibles para ver online

“Cando o naufraxio leva lonxe da casa” - 26/08/2016 02:00
En moitos naufraxios a herdanza dos fillos e fillas do mar era a orfandade. En Galicia creáronse dous colexios para atender os orfos e orfas dos mariñeiros.Para as nenas existía o colexio de Mosteirón, no concello de Sada, e os nenos ían ao colexio de Panxón, no concello de Nigrán. Na maioría dos casos era imposible para as nais viúvas, por non ter ingresos, manter os fillos, co que non tiñan máis remedio que envialos a internados que auspiciaba o Estado, coa ríxida educación dos anos 40.O equipo de “Náufragos”, dirixido por X.H. Rivadulla Corcón, entrevistará catro ex-alumnas do colexio de Mosteirón e catro ex-alumnos do colexio de Panxón. Testemuños arrepiantes, de traxedia e separación familiar, mesturaranse con historias amenas e divertidas cando a amizade entre os internos era o único xeito para sobrevir afectivamente.
Antonia González Postigo (Rinlo, 2009) e Mariscador (Celeiro, 1989) - 19/08/2016 02:15
Antonia González Postigo levaba toda a vida traballando de percebeira no porto de Rinlo. No Nadal de 2009 andaba ao percebe na punta Lin, ao pé da súa casa, cando ao saltar dunha rocha para outra esvarou e caeu. O golpe que resultou da caída fixo que perdese o coñecemento e acabase no mar boca abaixo, chegando así o final dos seus días. Pola súa parte, o Mariscador, con base no porto de Celeiro, regresaba de faenar no Gran Sol o 14 de decembro de 1989. A 110 millas de Estaca de Bares produciuse unha vía de auga na sala de máquinas que non foi posible taponar. Os seus 17 tripulantes tiveron que abandonar o barco nas balsas de salvamento pese ao forte temporal.
Josal (Muxía, 1983) e Dianteiro (A Coruña, 1977) - 12/08/2016 02:00
A comezos de decembro do 1983, o Josal, con base en Muxía, atopábase pescando no caladoiro Praia Nova preto do cabo Ortegal. Unha noite, mentres os mariñeiros descansaban, un mercante atravesou a zona colidindo co palangreiro e producindo o seu rápido afundimento. Ramón Búa, Teodoro Toba e Manuel Fernández, tres tripulantes da nave quedaron aquela noite no fondo do mar para sempre. Seis anos antes deste afundimento nas costas galegas, mentres o Dianteiro pescaba en augas canadenses, en Terranova, declarouse un incendio nos camarotes da tripulación. Pese a cobrar unha grande dimensión, o incendio puido ser sufocado. O que non se puido evitar foi que cinco dos tripulantes perderan á vida debido as queimaduras sufridas.
Galiña Branca (Muxía, 1992) e Nautilus (Illas Sisargas, 1989) - 05/08/2016 02:00
“Náufragos” lembrará hoxe a envorcadura da gamela Galiña Branca preto do porto de Muxía e o afundimento do Nautilus, a poucas millas das illas Sisargas, que segou a vida dos cinco mariñeiros que o tripulaban. A finais de outubro do ano 1992, Hipólito Pérez e o seu fillo Abel saíron pescar con nasas nunha zona preto do porto de Muxía. Na casa quedaban Carmela Sar, a esposa de Hipólito, coas súas cinco fillas. Nalgún momento, mentres estaban pescando, crese que a casea da nasa enganchou nunhas rochas e, ao tirar dela, a gamela envorcou.As illas Sisargas foron testemuña no ano 1989 do afundimento do Nautilus, un barco con base en Laxe e dedicado ao rasco do peixe sapo. O 6 de outubro, ao non regresar a porto, outras naves de Laxe saíron na súa busca, pero ata pasados 14 días non apareceu ningún rastro do barco. O único corpo que devolveron as augas foi o do mariñeiro Germán Santiago, pai de Marcos e Roberto, principais protagonistas da segunda historia de “Náufragos”, que agora traballan
O vento que busca os mariñeiros - 29/07/2016 01:00
En 1961, unha galerna percorreu o Cantábrico con consecuencias nefastas no porto de Celeiro, unha das maiores traxedias colectivas que ten vivido o mundo mariñeiro en Galicia. Morreron trinta mariñeiros dos barcos Badiola e Todos los Santos e só se conseguiu recuperar un corpo, o dun home embarcado neste último. O programa “Náufragos” fala coas persoas que viviron de cerca estas dúas traxedias.  Paco e Benigno Abad son os fillos do mariñeiro do Badiola, Manuel Abad, que morreu no afundimento do barco. Explican, xunto con José Luís Pernas e Jesús Cobelo, mariñeiros de Celeiro que viviron a galerna e participaron no rescate dos barcos afundidos, o impacto do suceso.  O Badiola fora construído no País Vasco a mediados dos anos 30 e mercado, máis tarde, para o porto de Celeiro. O 13 de xuño de 1961 pescaba a cen millas do Cabo Ortegal. De madeira e só 16 metros de eslora, non puido aguantar a forza do mar e dez mariñeiros morreron. A traxedia tivo un enorme impacto porque deixou moitas f
As dúas caras do naufraxio - 15/07/2016 00:45
“Náufragos” céntrase nesta entrega nas traxedias de A Xana, un pesqueiro de Muros, e o Pipipo, un pesqueiro de Baiona, que terminou os seus días no mar na costa de Portugal. Ramona Tajes perdeu o seu home Bruno Bermúdez no naufraxio de A Xana, que faenaba na zona do Cabo Touriñán. O programa fala con ela e máis cos seus fillos, Bruno e Ángela Bermúdez, e co veciño de Muros Luís Martínez, que lembra como se viviu o naufraxio na vila.  A Xana sufriu unha avaría no timón en 1991. Tratouse de levar ao porto máis próximo, o de Muxía, pero á entrada da ría levantouse un forte temporal e, pola imposibilidade de manobrar co barco, este quedou encallado na Punta da Barca. Tres homes lograron saltar a terra, pero o resto da tripulación non se puido salvar e morreron cinco mariñeiros.  O Pipipo tivo catro superviventes, que contan para “Náufragos” a súa historia: Alejandro Goce, Fernando Calero, Moncho Misa e Emiliano Marcote. O barco tiña base en Baiona e faenaba no banco canario-sahariano. O
Unha visión humanista do naufraxio - 06/07/2016 00:30
Bonifaz (1964) e Harvest del Mar (1973) - 29/06/2016 01:00
O Bonifaz, petroleiro con base en Santander, saía do porto da Coruña o 3 de xullo de 1964 con destino á refinería de Cartaxena. Ao pasar fronte ao cabo Fisterra, foi abordado polo tamén petroleiro Fabiola, con bandeira francesa. Por causa da colisión, o Bonifaz incendiouse e producíronse as mortes de 25 dos 50 tripulantes, entre eles as de tres mulleres que ían no buque acompañando os seus maridos. Só cinco dos corpos puideron ser recuperados. Pola súa parte, o Harvest del Mar era un pesqueiro que traballaba para a empresa Pescanova na costa de Suráfrica, con 14 tripulantes. O 7 de agosto de 1973 foi abordado polo petroleiro español Móstoles, que seguiu o rumbo, supostamente sen decatarse da colisión. O Harvest del Mar foi a pique sen que ninguén da súa tripulación lograse salvar a vida e só apareceu o corpo dun dos mariñeiros.
"Os Tonechos" de Malpica (1991) e "Nuevo Viví" de Cangas do Morrazo (1962) - 22/06/2016 00:00
A historia de Os Tonechos ten como protagonistas a Estrella Rodríguez, muller do patrón Antonio Alfeiran e nai do mariñeiro do mesmo nome; Sonia Varela, dona de Modesto Varela, outro dos tripulantes, e Manuel Carril, cuñado do maquinista e tamén mariñeiro en Malpica. O 5 de outubro de 1991, o buque atopábase faenando na praia de Baldaio, cando tocou fondo abríndose unha vía de auga que provocou o naufraxio. Nove homes perderon a vida e só se recuperou o corpo do maquinista, Modesto Varela. Evaristo Díaz sobreviviu con 15 anos ao naufraxio do Nuevo Viví, que aínda leva con pesar na memoria. Será unha das testemuñas de “Náufragos” sobre este suceso, xunto con Eduardo Cordeiro, mariñeiro retirado que lembrará como se viviu a traxedia en Cangas, e Antonio Monroy, que participou nos traballos de reflotamento do barco. O Nuevo Viví, construído catro meses antes do afundimento, saíu ao mar o 13 de febreiro de 1962 para pescar, dedicándose á arte da ardora. Largou a rede fronte á punta de Subr
Eduardo Pasantes (2008) e o Marbel (1978) - 15/06/2016 00:00
A lancha Abondou saía do porto de Camariñas o 12 de outubro de 2008, cun único tripulante a bordo...
Eduardo e Manuel, percebeiros de Cedeira (1993) e Esamar Uno (1994) - 08/06/2016 00:00
Os percebeiros de Cedeira saíron traballar a mañá do 8 de febreiro de 1993. O grupo de Eduardo Go...
"Bahía", 2004 e "Isla de Tambo", 1966 - 01/06/2016 00:00
O Bahía era un cerqueiro do porto de Cesantes, que naufragou fronte ás illas Sisargas sen supervi...
"Altea" (1965) e "Carmiña Campos" (1982) - 25/05/2016 00:00
O programa regresa cos testemuños de Gloria Agulla e das súas fillas Gloria Leal e Julia Leal, ad...
O "Ruíz Rey" (Foz, 1987) / Serafín Mourelle - 19/04/2015 19:45
O Ruíz Rey era unha tarrafa dedicada á arte do cerco que saíu do seu porto base, Foz, para pescar...
"La Cusca", San Cibrao (1976) / "Begoña", Fisterra (1976) - 12/04/2015 19:45
        Coñecemos a historia de dous naufraxios cunha sorte dispar para os que sufriron. O primei...
"Nuevo luz" de Malpica (2011) / "Aferrón" de Moaña (1962) - 05/04/2015 19:55
O programa “Náufragos”, que pretende achegarlles aos espectadores un dos aspectos máis determinan...
"Reina Victoria" de Burela (1973) / Percebeiros, Aguiño (2012) - 29/03/2015 15:30
Coñecemos a historia do “Reina Victoria”, con base en Burela, que se dedicaba á pesca do bonito. ...
“Terceiro Cabo Naval” 1986 / “Punta Bazar” 1995 - 22/03/2015 15:30
O programa “Náufragos”, que pretende achegarlles aos espectadores un dos aspectos máis determinan...
"Testal", xaneiro 1962 / "García Fra", 1961 - 15/03/2015 15:30
Nesta ocasión, os espectadores coñecerán a historia do Testal, un arrastreiro que tiña base no po...
"Cizurkil" de Muros (1982) / "Laberco" de Fisterra (2013) - 08/03/2015 15:30
           O programa trata as historias dos náufragos do “Cizurkil”, de Muros; e dos do “Laberco...
Agustín Traba (outubro 2003) / Teresa Rodríguez (agosto 1994) - 01/03/2015 15:30
Desta volta, os protagonistas serán dúas persoas que viron a cara máis terrible do mar, pero que ...
O Centoleira de Moaña (xaneiro de 1964) / A Festa do Naufraxio de Laxe (17 de agosto) - 22/02/2015 15:30
O programa “Náufragos”, que pretende achegarlles aos espectadores un dos aspectos máis determinan...
"José" (Baiona, 1992) / "Punta de Rodeira" e "Los Órganos" - 15/02/2015 15:30
Nesta ocasión, tratarase a historia dos náufragos do pesqueiro José, con base en Baiona, que se a...
Bonito de Fisterra (1960) / Percebeiros de Cedeira - 08/02/2015 15:30
O programa “Náufragos”, que pretende achegarlles aos espectadores un dos aspectos máis determinan...
"Ave del Mar" de Moaña (1956) / "Virxe de Loreto" de Ribeira (2007) - 01/02/2015 15:30
Os espectadores poderán achegarse hoxe ás historias dos náufragos da tarrafa Ave del Mar, con bas...

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >