En 1961, unha galerna percorreu o Cantábrico con consecuencias nefastas no porto de Celeiro, unha das maiores traxedias colectivas que ten vivido o mundo mariñeiro en Galicia. Morreron trinta mariñeiros dos barcos Badiola e Todos los Santos e só se conseguiu recuperar un corpo, o dun home embarcado neste último. O programa “Náufragos” fala coas persoas que viviron de cerca estas dúas traxedias.  Paco e Benigno Abad son os fillos do mariñeiro do Badiola, Manuel Abad, que morreu no afundimento do barco. Explican, xunto con José Luís Pernas e Jesús Cobelo, mariñeiros de Celeiro que viviron a galerna e participaron no rescate dos barcos afundidos, o impacto do suceso.  O Badiola fora construído no País Vasco a mediados dos anos 30 e mercado, máis tarde, para o porto de Celeiro. O 13 de xuño de 1961 pescaba a cen millas do Cabo Ortegal. De madeira e só 16 metros de eslora, non puido aguantar a forza do mar e dez mariñeiros morreron. A traxedia tivo un enorme impacto porque deixou moitas f