Había unha pequena marexada, pero podíase saír a faenar, e a flota de Tapia de Casariego saíu ao mar. Era 9 de xullo do 2002. Cando os homes do Nuevo Cacharelo levantaban as últimas nasas, o patrón veu vir unha forte, intentou manobrar, pero en segundos o golpe de mar fixo dar volta ao barco. Julio César Entrerios, o patrón, e Álvaro González, perderon a vida. Miguel González logrou sobrevivir agarrándose a unha defensa do barco.