A comezos de decembro do 1983, o Josal, con base en Muxía, atopábase pescando no caladoiro Praia Nova preto do cabo Ortegal. Unha noite, mentres os mariñeiros descansaban, un mercante atravesou a zona colidindo co palangreiro e producindo o seu rápido afundimento. Ramón Búa, Teodoro Toba e Manuel Fernández, tres tripulantes da nave quedaron aquela noite no fondo do mar para sempre. Seis anos antes deste afundimento nas costas galegas, mentres o Dianteiro pescaba en augas canadenses, en Terranova, declarouse un incendio nos camarotes da tripulación. Pese a cobrar unha grande dimensión, o incendio puido ser sufocado. O que non se puido evitar foi que cinco dos tripulantes perderan á vida debido as queimaduras sufridas.