“Náufragos” céntrase nesta entrega nas traxedias de A Xana, un pesqueiro de Muros, e o Pipipo, un pesqueiro de Baiona, que terminou os seus días no mar na costa de Portugal. Ramona Tajes perdeu o seu home Bruno Bermúdez no naufraxio de A Xana, que faenaba na zona do Cabo Touriñán. O programa fala con ela e máis cos seus fillos, Bruno e Ángela Bermúdez, e co veciño de Muros Luís Martínez, que lembra como se viviu o naufraxio na vila.  A Xana sufriu unha avaría no timón en 1991. Tratouse de levar ao porto máis próximo, o de Muxía, pero á entrada da ría levantouse un forte temporal e, pola imposibilidade de manobrar co barco, este quedou encallado na Punta da Barca. Tres homes lograron saltar a terra, pero o resto da tripulación non se puido salvar e morreron cinco mariñeiros.  O Pipipo tivo catro superviventes, que contan para “Náufragos” a súa historia: Alejandro Goce, Fernando Calero, Moncho Misa e Emiliano Marcote. O barco tiña base en Baiona e faenaba no banco canario-sahariano. O