Hai máis de 70 anos que se fala de ovnis en Galicia. Nestes anos aconteceron todo tipo de incidentes relacionados con estas supostas naves extraterrestres. Aterraxes, filmacións, contactos previa cita... e incluso raptos por parte dos tripulantes desas misteriosas naves. Ese será o argumento da primeira parte do programa, no que "Milenio" amosará os testemuños de persoas que aseguran que estiveron a bordo dunha nave doutro mundo e a opinión dos especialistas. O segundo tema non é menos preocupante. Pode un curandeiro sandar con sangue ou a pel doutra persoa? Se realizan crimes rituais para curar a un doente? "Milenio" retrocede cen anos no tempo para reconstruír un asasinato que estremeceu á sociedade galega: O crime da Legua Dereita. O programa tamén amosará a utilización de sangue e unto para ritos de curación.