Close

Milenio

Milenio é un programa de temática especializada sobre os enigmas do pasado e do presente. Aínda que o fío condutor sexa o misterio, todas as vertentes da chamada "cultura popular" teñen cabida neste espazo. Medicina natural, antropoloxía, exiptoloxía, parapsicoloxía, ufoloxía, historia ignorada, etc.

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Historia, Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/milenio-2

Episodios disponibles para ver online

Tras as pegadas do Apóstolo / O legado templario - 06/03/2020 00:30
O Apóstolo Santiago é o personaxe máis relevante da tradición galega. Centos de miles de persoas peregrinan a súa tumba cada ano e moitos deles percorren os lugares onde o discípulo de Xesús deixou a súa pegada. No primeiro treito de "Milenio" percorremos os enclaves senlleiros vinculados coa prédica do apóstolo e co traslado do seu corpo, nos que fontes, pedras e incluso leiras son consideradas santas pola bendición de Santiago. Na segunda parte do programa iremos na busca do legado dos cabaleiros máis enigmáticos da Idade Media: os Templarios. Visitaremos os lugares onde deixaron a súa pegada, coñeceremos as reliquias bíblicas que trouxeron desde Terra Santa e veremos cal foi o legado -material e inmaterial- que deixaron en Galicia.
Ovnis en Galicia / Sangue para sandar - 28/02/2020 00:30
Hai máis de 70 anos que se fala de ovnis en Galicia. Nestes anos aconteceron todo tipo de incidentes relacionados con estas supostas naves extraterrestres. Aterraxes, filmacións, contactos previa cita... e incluso raptos por parte dos tripulantes desas misteriosas naves. Ese será o argumento da primeira parte do programa, no que "Milenio" amosará os testemuños de persoas que aseguran que estiveron a bordo dunha nave doutro mundo e a opinión dos especialistas. O segundo tema non é menos preocupante. Pode un curandeiro sandar con sangue ou a pel doutra persoa? Se realizan crimes rituais para curar a un doente? "Milenio" retrocede cen anos no tempo para reconstruír un asasinato que estremeceu á sociedade galega: O crime da Legua Dereita. O programa tamén amosará a utilización de sangue e unto para ritos de curación.
As tradicións máis peculiares de Galicia / Santuarios baixo as pedras - 21/02/2020 00:30
Pasar por debaixo dunha pedra para sandar doenzas, revivir lendas de dragóns derrotados, ofrecer aos santos ir en procesión dentro dun cadaleito... A relixiosidade popular de Galicia ten romarías senlleiras que amosan unha identidade propia, aínda que tamén universal. Será o primeiro tema deste capítulo de "Milenio", que afonda nas tradicións máis peculiares de Galicia. Na segunda metade do programa, "Milenio" buscará baixo terra os más rechamantes santuarios da nosa xeografía. Cal é o motivo de que se construiran igrexas aproveitando as grandes pedras? Que tiñan de especial estes lugares? Que ritos de iniciación se facían nas saunas castrexas? Que significado teñen os santuarios romanos que aínda existen baixo terra?
Romasanta e outros 'lobishomes' / O Santo Graal - 14/02/2020 00:30
Ás veces, as lendas fanse realidade. É o caso dos lobishomes. A mediados do século XIX, o galego Manuel Blanco Romasanta foi xulgado por varios crimes e no xuizo alegou que era quen de transformarse en lobo xunto con outros homes. Será o primeiro tema deste capítulo de Milenio, que reconstrúe a historia deste home que acadou sona internacional. Tamén analizaremos outros casos de homes e mulleres lobo acontecidos en diferentes localidades galegas. No segundo treito do programa imos na procura da reliquia máis buscada do Cristianismo: o Santo Graal, o cáliz que utilizou Xesús na última cea. Seguimos a pista desta peza e preguntámonos se é a mesma que se atopa na igrexa de Santa María A Real do Cebreiro, protagonista dun milagre que incluso chamou a atención dos Reis Católicos e que forma parte do escudo de Galicia.
O depredador do gando / O poder das pedras - 07/02/2020 00:30
A principios do século vinteún, diferentes núcleos rurais de Galicia sufriron o ataque dun depredador descoñecido, que en cuestión de horas chuchaba o sangue a decenas de cabezas de gando. De que se trataba? Que misterioso ser estaba detrás destes ataques? Tratábase dunha especie de animal descoñecido? Na segunda metade do programa imos á procura dunha crenza que segue vixente na actualidade. Poden algunhas pedras, convenientemente colocadas, facer que chova ou escorrentar as treboadas? Que poder tiñan os dolmes e menhires? Que maxia agochan estas prácticas? Veremos algunhas destas construcións e falaremos con testemuñas e expertos para desentrañar o enigma.
Santo André de Teixido / As teleportacións - 31/01/2020 00:30
Santo André de Teixido é un dos lugares máis importantes de peregrinación en Galicia. A pesar da súa sona, este pequeno templo da Serra da Capelada agocha numerosos misterios e tradicións que nos remontan a moitos séculos atrás e a crenzas milenarias. Visitamos o santuario ao que hai que peregrinar de vivo ou de morto, para tentar desvelar os seus segredos. Na segunda parte de Milenio abordaremos un asunto inquietante. Pódese viaxar dos Peares a Cenlle en tan só nuns poucos minutos? E de Benavente a Valdeorras nun intre? Pode acontecer isto máis dunha vez á mesma persoa? E o enigma das teleportacións, as viaxes imposibles que viviron numerosos galegos, que contan as súas experiencias por primeira vez diante das cámaras.
A ouija resolve un crime / Os pastequeiros - 17/01/2020 00:30
A primeira parte do programa leva o título de 'A ouija resolve un crime' e céntrase nun caso en que, a través do taboleiro ouija, un grupo de persoas en Pontevedra invocou unha muller falecida, da que a Garda Civil non coñecía a súa identidade. O resultado foi sorprendente: a través da sesión de espiritismo reveláronse algúns datos da vítima -cuxo corpo foi atopado nun monte da Estrada- e que logo puideron ser comprobados coa detención dos culpables. No programa falan os protagonistas, xornalistas de sucesos e investigadores do caso. A reportaxe complétase con outros casos semellantes que aconteceron en Galicia. Na segunda metade do programa, 'Milenio' irá na busca dos pastequeiros, unha estirpe de curandeiros -metade bruxos, metade sacerdotes- que operaban no rural da cidade de Pontevedra e a súa contorna. A través de testemuños de veciños e especialistas, o programa reconstrúe as prácticas destes personaxes e descobre algúns dos ritos que aínda se conservan no rural pontevedrés.
Fisterra, a cidade perdida do fin do mundo / Os contactos co alén con aparellos electrónicos de Anabela Cardoso - 24/01/2020 00:30
Fisterra, a terra do fin do mundo para os antigos, agocha numerosos enigmas do pasado e do presente. Lugar sagrado para os nosos antepasados, aínda agocha mitos sobre as almas que van máis aló do mar, cara as illas do paraíso. Pero tamén hoxe en día é unha terra de misterios, nos que aínda existen milagres e sucesos sobrenaturais. Ese será o tema da primeira reportaxe de 'Milenio'. Na segunda parte do programa, 'Milenio' entra na casa de Anabela Cardoso, diplomática portuguesa afincada en Galicia que, desde hai máis de vinte anos asegura contactar co outro mundo a través de aparellos electrónicos. Na actualidade, Anabela Cardoso é unha referente mundial no estudo desta disciplina, a Transcomunicación Instrumental.
Os 'corpos abertos' / Os OVNIs - 17/01/2020 00:30
As premonicións de morte, a capacidade de ver ou presentir que teñen determinadas persoas, é un dos fenómenos sobrenaturais máis estendidos en Galicia. E segundo di a tradición, as que teñen este don se coñecen como «corpos abertos». Son persoas que adoitan atoparse con veciños ou familiares que deixaron este mundo no mesmo momento de aparecerse, ou incluso antes, pero lonxe do lugar onde se atopan. Nesta edición de Milenio falan persoas que viviron este tipo de experiencias e contan as súas vivencias por primeira vez diante das cámaras. Na segunda parte do programa, os OVNIs son os protagonistas. Un obxecto luminoso foi fotografado por un grupo de militares. O Exército do Aire redactou un informe e outras moitas persoas tamén viron ese extraño obxecto sobre a ría de Ferrol. Días despois, uns mariñeiros de Burela recolleron o aparello en alta mar e foi custodiado na base da Graña. Que era aquela estraña nave? Por que se mantivo en segredo este expediente durante décadas? Milenio recon
Pasa... A Santa Compaña / Os santuarios dos endemoñados - 13/08/2019 23:30
"Pasa... a Santa Compaña". Así se titula a primeira reportaxe que trata dun misterio galego con denominación de orixe. "Milenio" mostra que a procesión de almas é máis que un mito. Falarán na reportaxe casos reais, testemuñas que se atoparon de fronte coa comitiva e a opinión de especialistas sobre a comitiva fantasmal que forma parte da nosa tradición. A segunda reportaxe é unha viaxe polos principais santuarios galegos onde se pode quitar o demo do corpo. Ante as cámaras falan exorcistas, antropólogos e testemuñas dos ritos que se fan en santuarios onde se realizan estas prácticas.
O demo na casa / Portalén, porta ao máis aló - 10/01/2020 00:30
Hai entidades malignas que poden habitar na nosa casa? Que forza invisible hai detrás deste fenómeno? Poden manifestarse despois dunha sesión de espiritismo? E o máis importante, poden quedar dentro do noso fogar, como se unha maldición afectara aos obxectos da nosa casa? Así o aseguran as testemuñas que falaron das súas experiencias diante das cámaras de "Milenio". Existen puntos na xeografía galega nos que, desde hai séculos, a tradición asegura que actúan como portas ao máis aló. Por que? Que teñen de especiais estes enclaves? Hai lugares da xeografía galega que poden ser unha porta a outras dimensións? Na segunda parte do programa descobrimos os segredos de Portalén, no Monte do Seixo.
A 'ouija' resolve un crime / Pastequeiros, santos e bruxos - 28/08/2019 00:30
No ano 1994 unha muller foi achada morta nun bosque da Estrada. Ao redor do corpo tiña unha serie de elementos que levaron aos investigadores a pensar que se trataba dun ritual satánico. Ata que unha sesión de oui-ja desvelou o que realmente aconteceu. Tratouse neste caso dun grupo satánico, ou houbo algo máis? Houbo outros casos? Milenio entrevista aos protagonistas do contacto co alén. Na segunda parte do programa se aborda o tema dos pastequeiros, unha estirpe de curandeiros que facían os seus rituais de curación na contorna da cidade de Pontevedra. Que queda hoxe en día do seu legado? Que ritos continúan a realizarse? O programa describe o legado dos pastequeiros e os seus ritos, metade cristiáns e metade pagáns.
'Agresores do alén' - 20/08/2019 22:30
Todas as sociedades humanas de todos os tempos idearon fórmulas para contactar con persoas falecidas. Pero cando se abre esa porta cara o alén, as veces o contacto non é agradable. Hai testemuñas que, dun día para outro e sen ningunha razón aparente, comezaron a sufrir o acoso de entidades de procedencia descoñecida. Polo menos iso é o que aseguran as persoas que protagonizaron estas experiencias, tan aterradoras como inexplicables. Din que baixo as augas da ría de Vigo hai unha base extraterrestre. Así o cren decenas de testemuñas que aseguran ver estrañas luces e ovnis que parecen comportarse de maneira intelixente. Incluso existen informes policiais sobre este asunto, que se inclúen neste capítulo de Milenio. Que son e de onde veñen eses obxectos voantes non identificados?
Galegos que regresaron da morte / Ovnis sobre bases militares - 06/08/2019 22:30

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >