A principios do século vinteún, diferentes núcleos rurais de Galicia sufriron o ataque dun depredador descoñecido, que en cuestión de horas chuchaba o sangue a decenas de cabezas de gando. De que se trataba? Que misterioso ser estaba detrás destes ataques? Tratábase dunha especie de animal descoñecido? Na segunda metade do programa imos á procura dunha crenza que segue vixente na actualidade. Poden algunhas pedras, convenientemente colocadas, facer que chova ou escorrentar as treboadas? Que poder tiñan os dolmes e menhires? Que maxia agochan estas prácticas? Veremos algunhas destas construcións e falaremos con testemuñas e expertos para desentrañar o enigma.