Hai entidades malignas que poden habitar na nosa casa? Que forza invisible hai detrás deste fenómeno? Poden manifestarse despois dunha sesión de espiritismo? E o máis importante, poden quedar dentro do noso fogar, como se unha maldición afectara aos obxectos da nosa casa? Así o aseguran as testemuñas que falaron das súas experiencias diante das cámaras de "Milenio". Existen puntos na xeografía galega nos que, desde hai séculos, a tradición asegura que actúan como portas ao máis aló. Por que? Que teñen de especiais estes enclaves? Hai lugares da xeografía galega que poden ser unha porta a outras dimensións? Na segunda parte do programa descobrimos os segredos de Portalén, no Monte do Seixo.