No ano 1994 unha muller foi achada morta nun bosque da Estrada. Ao redor do corpo tiña unha serie de elementos que levaron aos investigadores a pensar que se trataba dun ritual satánico. Ata que unha sesión de oui-ja desvelou o que realmente aconteceu. Tratouse neste caso dun grupo satánico, ou houbo algo máis? Houbo outros casos? Milenio entrevista aos protagonistas do contacto co alén. Na segunda parte do programa se aborda o tema dos pastequeiros, unha estirpe de curandeiros que facían os seus rituais de curación na contorna da cidade de Pontevedra. Que queda hoxe en día do seu legado? Que ritos continúan a realizarse? O programa describe o legado dos pastequeiros e os seus ritos, metade cristiáns e metade pagáns.