“Melllor xuntos" desprázase a Mos, onde visita uns amantes dos galos e das galiñas que traballan en Vicogalo, cooperativa que pretende recuperar a sona da raza autóctona da pita e convertela nun produto gourmet.   Despois, en Compostela, o programa coñece Sacaúntos, unha cooperativa gráfica, e Algueirada, dedicada á xestión cultural na rede e que manten que o importante na Internet son os contidos. A viaxe remata na cidade da Coruña, onde está Cofuncovi, unha cooperativa de vivendas do parque ofimático que ten claro que o difícil traballo de promover as vivendas faise mellor acompañado.