“Mellor Xuntos” comeza en terras lucenses, en Lourenzá, onde falan con José Cuadrado e  outros produtores de fabas que xuntos cultivan as fabas con máis sona de Galicia. Despois, os reporteiros do programa achéganse ata Bergondo, onde Juan Delgado e un grupo de traballadores fabrican mobles de cociña galegos. Máis tarde, o equipo desprázase ata Vigo, onde coñece, da man de Montse Juncal, un mercado diferente que se caracteriza pola alta calidade dos seus produtos. Para rematar, visitan a Fran Brea na Coruña e aos seus socios da cooperativa CEM, que traballa para protexer a natureza e o medio.