O programa visita Nova Aseconia, unha cooperativa de Santiago en que traballan duramente para rehabilitar todo tipo de edificios, desde mansións e castelos ata apartamentos. Tamén dá unha volta pola mar con Barquito Velero, nome dun proxecto que se dedica a educar cativos en Vigo nun ambiente de liberdade e respecto. Outros proxectos son Urdime, unha cooperativa que achega ao espectador a cultura galega, e Cofepa, en Ferrolterra, onde ensinan a conducir ben.